Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 20 Febreiro, 2019

Os servizos de emerxencias acudiron esta madrugada ao concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo onde un home resultou ferido ao envorcar o tractor que manexaba.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 00:10 horas da madrugada de hoxe. Foi nese momento cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dun tractor envorcado na estrada de Esgos sentido Xunqueira de Espadanedo, ao seu paso pola localidade de Alto do Couso.

O alertante informou no seu relato que o home encontrábase liberado, tendido na estrada,  e pese aos seus esforzos para intentar comunicarse con el, non obtivo ningunha resposta por parte do ferido.

Decontado,  os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de emerxencias, da Garda Civil de Tráfico e tamén dos voluntarios de Protección Civil.

Finalmente, o home foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

facebook twitter instagram