Imaxe escoitar Escoitar
martes, 18 Xuño, 2019

Os servizos de emerxencias acudiron esta tarde ao concello lugués de Muras onde unha persoa resultou ferida grave tras colidir dous vehículos.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 17:30 horas de hoxe. Foi nese momento cando varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia para informar dun entre dous turismos, un deles envorcado, na estrada de Viveiro a Padrendo, ao seu paso pola parroquia de O Burgo no concello de Muras.

Decontado,  os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de emerxencias, dos Bombeiros de Viveiro e Vilalba e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, deuse conta do acontecido aos voluntarios de Protección Civil de Ourol e do  servizo de mantemento da estrada.

Unha vez liberado o condutor foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Unha saída de vía en As Nogais
Dúas persoas resultan feridas despois de saírse da vía co seu vehículo cando circulaba a altura do punto quilométrico 443 da A-6, sentido A Coruña, no concello de As Nogais.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente, preto das 15:15 horas desta tarde, a través da chamada de alerta dunha persoa particular. No seu relato indicaba que os ocupantes do turismo atopábanse feridos un deles fora do vehículo e o condutor permanecía no seu interior.

De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias que axiña confirmaron a saída dunha ambulancia ademais dos Bombeiros de Sarria. Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron dos feitos, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Becerreá. Tamén foi requirida a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo persoal do GES, finalmente, aínda que o condutor ferido non estaba atrapado, foi precisouse ao uso do material de excarceración para extraer do interior do vehículo e ser trasladado polos profesionais sanitarios nunha ambulancia.

facebook twitter instagram