Escoitar
venres, 3 Maio, 2019

Un accidente de tractor deixa un falecido na parroquia de San Pedro de Rinlo, no concello lucense de Ribadeo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 19:15 horas da tarde de onte a través da chamada dun particular. Segundo o seu relato, a vítima encontrábase atrapada debaixo do vehículo envorcado, nunha finca na Rúa Campo de Maria Mendez, á altura do número 1.

De inmediato, os profesionais do 112 Galicia solicitaron a colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Barreiros, da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que, pese aos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.