Imaxe escoitar Escoitar
venres, 15 Marzo, 2019

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse no Lugar da Abelenda do Cuarto, no concello de Arbo, preto das 15:30 horas desta tarde, cando un tractor envorcou e o condutor quedou debaixo do vehículo agrícola.

Nada máis recibir a chamada de alerta, na cal os servizos sanitarios de urxencia informaban ao 112 Galicia do sucedido e da mobilización ata o lugar dos feitos. Debido á gravidade das lesións, persoal sanitario confirmou a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para a evacuación do ferido. Ademais, desde o 112 requiriuse a intervención dos Bombeiros de Ponteareas, así como da colaboración dos axentes da Garda Civil

Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor.

facebook twitter instagram