Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 7 Xullo, 2018

Unha persoa faleceu esta tarde despois de caer dunha fiestra na Rúa Rosalía de Castro en Celanova. Así o confirmaron ao 112 Galicia os servizos sanitarios de urxencia, que enviaron ao lugar un equipo a bordo de helicóptero medicalizado con base en Ourense. 

Pese aos intentos, os profesionais médicos nada puideron facer por salvar a vida desta persoa que caeu, segundo indicaron as testemuñas do suceso, dunha fiestra a un patio de luces. Eran arredor das cinco da tarde cando os veciños do inmoble se decataron da caída e chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.

Así, ademais do equipo médico, os xestores do 112 pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil, que tratan de coñecer as circunstancias que rodearon este suceso.

facebook twitter instagram