Escuchar
martes, 7 Abril, 2020

Un home chama ao 112 Galicia para avisar do seu propio accidente de tractor en Baralla.

O ferido contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para indicar que necesitaba asistencia médica urxente a causa dunha posible fractura de perna.

Deste xeito, os xestores do 112 Galicia informaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e pediron a colaboración dos membros do GES de Becerreá e dos axentes da Garda Civil.

Pola súa parte, os servizos de rescate e salvamento comprobaron que a persona estaba liberada e accesible, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración. Mentres, o persoal sanitario atendeu á vítima para o seu posterior traslado ao centro hospitalario de referencia. Inicialmente, presentaba lesións nunha perna e na cadeira.

Na súa chamada ao 112 Galicia, o ferido sinalou que se atopaba traballando nunha finca próxima ao cemiterio de San Vitorio de Baralla. Eran preto das catro da tarde.