
- Un sinal sonoro de 2 segundos separados por silencios de 3 segundos durante 2 minutos alertará dun incidente ou do mal funcionamento dunha presa que pode afectar gravemente a núcleos de poboación
- En caso de activarse o PEP, afástate de ríos e torrentes
- Estate atento á información que transmiten os medios de comunicación
- Acude ao punto de reunión definido no Plan de Acción do Concello
- Segue as indicacións das autoridades
- Non chames ao 112 salvo petición de auxilio. As liñas deberán quedar libres para uso dos servizos de emerxencia
- Non recollas aos nenos na escola, os mestres saberán como actuar para evacualos
- Non utilices estradas próximas ao leito, a corrente podería atraparte
- Non volvas cara atrás, as crecidas son moi rápidas e perigosas
- Un sinal sonoro continuado de, cando menos, 30 segundos avisará de que a alerta rematou
- A túa colaboración na realización de simulacros, será fundamental para previr riscos