Escuchar

Os servizos municipais de salvamento vanse retirando das súas tarefas nos areais. Por iso, e porque o tempo continúa sendo apropiado para darte un baño na praia, nunha pisicina ou mesmo nunha poza ou no río recomendámosche que teñas en conta os seguintes consellos para que goces dun baño seguro:

 

  • Se te ves en problemas: non intentes nadar, reserva as túas forzas. Conserva a calma, recorda que o teu corpo flota e non arrisques se non coñeces a profundidade do lugar.
  • Consumir alcohol e darte un baño é un cóctel perigoso.
  • É mellor nada en compañía e sempre en pararelo á costa.
  • Moito tino se decides facer fotografías en lugares altos e/ou que poidan ser invadidos ao subir a marea.
  • Se o teu é realizar deportes acuáticos e ves un bañista respecta unha distancia acorde á seguridade
  • Ten en conta que as figuras inchables e colchóns son elementos de xogo, non de seguridade.
  • Presta moita atención aos nenos onde exista risco de afogamento.
  • Para evitar situacións de perigo mira á piscina cada 10 segundos e sitúate a menos de 20 segundos dela.
  • Se tes unha emerxencia ou ves a alguén en perigo chama ao 1-1-2.