Escoitar

Aínda que a chegada do inverno non é ningunha sorpresa, moitos de nós poderíamos non estar preparados.

A última estación do ano está marcada polas baixas temperaturas e a inestabilidade meteorolóxica.

Isto implica un esforzo pola nosa banda para previr e evitar os riscos destacados deste período, tanto nos fogares, como nas rúas ou nas estradas.

Ante as baixas temperaturas e os efectos das condicións adversas da meteoroloxía, é fundamental:

  • Limpar as baixantes e inspeccionar o tellado da vivenda
  • Revisar e adecuar a cheminea
  • Asegurarse de que o sistema de calefacción funciona correctamente. 

Este último, un aspecto importantísimo, no que debemos poñer toda a nosa atención se queremos evitar sufrir un accidente ou unha intoxicación por monóxido de carbono. Un gas que pode chegar a ser letal e escapa completamente aos nosos sentidos: nin cheira, nin se ve, nin se saborea, nin se sinte, nin se palpa. 

Os síntomas máis comúns neste tipo de intoxicacións son:

  • Dor de cabeza
  • Mareos
  • Debilidade
  • Malestar estomacal, vómitos
  • Dor no peito e confusión.

Se detectas estes indicios, ventila a vivenda o máis rápido que poidas e abandona o lugar.

Tamén, para maior seguridade, podes instalar un detector na casa ou, en todo caso, garante unha ventilación constante dos espazos. De feito, co uso de fontes de calor que funcionan con leña ou gas, debes abrir fiestras con moita frecuencia: a ventilación é clave.

Que ninguén pense que no inverno non se producen incendios no fogar. Lamentablemente, trátase dun tipo de incidente transversal e frecuente en calquera época do ano. Se ben, durante este período, repetimos certos comportamentos que comprometen seriamente a nosa seguidade na casa, como é tratar de secar a roupa nos radiadores ou fontes de calor.

Sabemos dos quebradeiros de cabeza que produce tratar de enxugar a colada, pero métodos coma estes son nada recomendables

Nos sorprenderán, durante estes meses, os termómetros, moitas veces, con valores baixo cero. Unha circunstancia que derivará en neve, xeo e frío: tenemos que prepararnos, xa sexa no noso papel como condutores ou como peóns.

Neste último caso, ao camiñar pola rúa, o máis seguro é facelo mediante pasos lentos e curtos, pois o xeo e a humidade pode provocar caídas.

Ademais, no exterior, é fundamental vestirse coa roupa de abrigo axeitada: que sexan moitas prendas lixeiras e folgadas, sobre todo, para protexer aos colectivos máis vulnerables ante o mal tempo e o frío intenso, como é a cativada ou as persoas de idade avanzada.

Tamén, é importante levar un teléfono móbil ao saír da casa, sempre coa batería cargada ao máximo.

As condicións meteorolóxicas adversas propias desta época son un factor de risco para a seguridade viaria.

Manexar con extraordinario tacto, evitar movementos bruscos e utilizar o motor como freo son accións necesarias ao conducir baixo episodios de visibilidade reducida ou sobre o asfalto esvaradío.

Tamén, ante a presenza de placas de xeo nas estradas, para circular con seguridade e evitar perder o control do vehículo, cómpre levantar o pé do acelerador, sen frear, e suxeitar con firmeza o volante.

Por outra banda, aumentar a distancia de seguridade entre vehículos diminúe o risco de sufrir unha colisión por alcance se a néboa condiciona a visibilidade nas vías de circulación.

Tamén é necesaria unha posta a punto do vehículo e do seu equipamento neste período estacional, debido ás baixas temperaturas.

Por iso, hai que asegurarse de que hai suficiente anticonxelante na auga do limpa parabrisas, e comprobar que os freos, as luces e os pneumáticos están en bo estado.

Ademais, convén aprender a colocar correctamente as cadeas, comprar un rascador de xeo (custa pouco e fai moito) e consultar sempre o estado das estradas.

Malia o espectáculo que presenta o mar en inverno, a verdade é que o mellor é evitar presencialo. As consecuencias dos efectos meteorolóxicos típicos destas datas poden provocar que unha onda che arrastre mar a dentro.

Tamén, convén deixar a foto do show para outro momento. É perigoso achegarse a cantís ou paseos marítimos con moita ondada. Pode acabar mal.

Por último, pero non menos importante, abrimos un pequeno espazo para os amantes do deporte en montaña. Lembramos a importancia de

  • Coñecer ben o roteiro
  • Axudarse con mapas e GPS
  • Ir acompañado
  • Tomar puntos de referencia
  • Evitar os atallos
  • Batería do móbil completa
  • Roupa e calzados adecuados tanto á actividade como ás condición climáticas.