Escuchar

Co aumento das precipitacións, tamén medran os caudais dos ríos. Isto pode poñer en perigo a integridade e incluso a vida das persoas. Para garantir a túa seguridade, dende o 112 Galicia recomendámosche que nos chames canto antes. Ademais, dámosche unha serie de indicacións que debes seguir se o desbordamento dun río te sorprende:

Se estás ao aire libre

  • Se o río comeza a medrar, afástate das zonas de ribeira
  • Sitúate nun lugar que non sexa susceptible de riadas
  • Vaias a pé ou nun vehículo, non tentes atravesar o río, a súa forza podería arrastrarte
  • Evita empregar as pontes que cruzan o río
  • Tampouco camiñes por zonas inundadas, podes caer nun burato, nun sumidoiro ou mesmo recibir un golpe dun tronco ou calquera outro obxecto
  • Afástate de construción que poidan derrubarse, cables e postes da luz
  • Se vas no coche, intenta dar a volta en canto chegues a unha zona inundada
  • Aparca o máis lonxe que poidas do río
  • Se quedas atascado co coche nun punto, intenta abandonalo o antes posible

Se estás na casa

  • Tenta taponar portas e ventás para evitar que o río inunde a vivenda
  • Coloca os obxectos de valor e documentación en zonas altas para evitar perdelos
  • Desconecta a corrente eléctrica
  • Garda sempre na casa auga envasada e comida en conserva por se a inundación te deixa illado
  • Ten un botiquín de emerxencias sempre preparado e unha lanterna
  • Segue as indicacións das autoridades a través dunha radio de pilas
  • Se recibes orde de evacuar a vivenda, faino o máis rápido que poidas e seguindo as indicacións dos efectivos de emerxencia