Escoitar
xoves, 23 Agosto, 2018

O corpo sen vida dun home foi recuperado esta mañá cando flotaba na auga baixo a Ponte das Pías en Ferrol.

A persoa que descubriu o cadáver púxose en contacto co 112 Galicia cando aínda faltaban vinte minutos para as dez desta mañá. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou a Salvamento Marítimo, desde onde se enviarían unha embarcación, aínda que pouco tempo despois, os axentes da Policía Nacional confirmaron que outras embarcacións que andaban pola zona suxeitaron o corpo antes de que fose arrastrado pola corrente. 

Así, os bombeiros da cidade, alertados polo 112, servíronse dunhas cordas para sacar o corpo da auga e facilitar a súa identificación.