Imaxe escoitar Escoitar
luns, 5 Xuño, 2023

O implicado, que resultou ferido na cabeza, caeu dunha altura duns dez metros nas rochas do paseo marítimo. Os Bombeiros tiveron que facer uso dun guindastre e cordas de rescate para a súa evacuación, tralo que foi atendido polo persoal sanitario nunha ambulancia.

Neste operativo interviñeron, ademais dos Bombeiros da Coruña e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Nacional e Local. Informouse tamén aos membros de Protección Civil da Coruña.

O primeiro aviso chegou ao 112 dez minutos despois das 10:30 horas a través do persoal sanitario, que solicitaba a colaboración doutros servizos de emerxencias a fin de evacuar á persoa, que caera nas rochas. Pouco despois, un particular tamén chamou para indicar que o implicado permanecía consciente.

facebook twitter instagram