Imaxe escoitar Escoitar
martes, 16 Abril, 2019

Dúas persoas resultaron ilesas ao ser rescatadas esta tarde no Grove, concretamente entre a Illa de Ons e A Punta de San Vicente, despois de que a embarcación de recreo coa que navegaban sufrise unha vía de auga.

Os feitos ocorreron arredor das 14:30 horas, momento en que un dos tripulantes do barco alertaba da situación ao 112 Galicia.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron a Salvamar Sargadelos e o helicóptero Pesca-I.

Ademais, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención da Policía Local, do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Grove para apoiar o operativo dende terra.

Finalmente, a embarcación danada foi remolcada pola Salvamar Sargadelos ata o náutico de Pedras Negras, en San Vicente do Mar, cos dous tripulantes ilesos.

facebook twitter instagram