Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 6 Xuño, 2019

Os bombeiros rescataron esta tarde a un operario que caeu por un burato duns seis metros de profundidade cando traballaba en Lires, Cee.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pasadas as 13 horas de hoxe mediante os profesionais sanitarios que acudiron a atender ao ferido e descubriron que estaba no fondo dun burato de difícil acceso. Para rescatalo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros de Cee, que sacaron ao operario para, finalmente, ser evacuado nunha ambulancia de 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

No operativo tamén estiveron os axentes da Garda Civil.

facebook twitter instagram