Escuchar
domingo, 24 Marzo, 2019

Unha persoa foi rescatada mentres practicaba surf na Praia de San Jorge, en Ferrol, ao ser arrastrada pola corrente e quedar imposibilitada de volver polos seus propios medios.

A chamada dun compañeiro ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasados uns minutos das 12:20 horas do mediodía de hoxe permitiu activar un operativo no que interviñeron os efectivos de Salvamento Marítimo da Coruña, o Servizo de Gardacostas de Galicia, Policía Nacional, Policía Local e tamén a agrupación de voluntarios de Protección Civil da localidade.

Os servizos sanitarios de urxencia tamén foron informados por se fose necesaria a súa colaboración.

Ata o lugar desprazouse un equipo abordo do Helimer 401 que sacou ao surfista da auga e o trasladou ata o Aeroporto da Coruña. Os equipos de rescate confirmaron que a persoa encontrábase ben polo que se descartou a asistencia médica.