Escuchar
luns, 6 Xullo, 2020

Os servizos de emerxencia interviñeron esta tarde en Ferrol, concretamente no lugar de San Felipe, para recuperar o corpo sen vida dunha muller de idade avanzada que se atopaba nunha zona rochosa próxima a un regato.

Foi unha persoa da familia da muller quen alertou ao 112 Galicia de que a encontrara posiblemente falecida ás 13:45 horas de hoxe.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e dos axentes da Policía Local e Nacional.

Unha vez rescatada, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.