Escuchar
xoves, 26 Marzo, 2020

Seis persoas foron rescatadas esta tarde a vinte e cinco millas da localidade lucense de Burela despois de que o pesqueiro no que navegaban sufrise unha vía de auga e se afundise.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, foi outra embarcación quen recolleu á tripulación do barco, que puido abandonar o pesqueiro nunha barca salvavidas e, arestora, está sendo trasladada a porto.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 15:45 horas, a través do Servizo de Gardacostas de Galicia. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo e tamén á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Burela.