Escuchar
venres, 10 Xullo, 2020

Os Bombeiros do Deza rescataron a pasada tarde a un home que sufriu unha caída no lugar de Moreira, no concello pontevedrés da Estrada.

Segundo indicaron os servizos sanitarios de urxencia cando chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso, sobre as 20:30 horas, o home estaba caído nunha zona de difícil acceso, a carón dun pozo, por iso, solicitaban axuda para facer o rescate. 

Foi nese intre, cando os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros, da Garda Civil e dos membros do GES.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros comunicaron que o home fora rescatado e trasladado en ambulancia polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.