Escoitar
sábado, 4 Febreiro, 2023

Ocorreu esta mañá, contra as 10:15 horas, na rúa de Pizarro, en Vigo.

Foi a propia implicada quen contactou co 112 Galicia para alertar de que caera ao chan e non era quen de levantarse. Ademais, ao estar sola na vivenda, tampouco podería abrir a porta aos servizos de emerxencia.

Inmediatamente, desde o 112 púxose en coñecemento dos feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo persoal se desprazou ata o punto nunha ambulancia, así como aos axentes da Policía Nacional, Local e aos Bombeiros de Vigo.

Á súa chegada, os servizos sanitarios confirmaron a necesidade de empregar material de apertura de portas. Así, os xestores do 112 procederon a informar aos Bombeiros municipais.

facebook twitter