
Os tremores de terra poden chegar a xerarnos desconcerto sobre como actuar antes, durante e despois do seu rexistro.
Así, para estar preparados ante a posibilidade de producirse un sismo, atendemos ás seguintes recomendacións:
Antes:
- Temos a man unha mochila con obxectos importantes (auga embotellada, comida non perecedoira, unha lanterna, un botiquín...), por ser fosen precisos
- Realizamos simulacros e identificamos as zonas seguras da vivenda, lugar de traballo ou centro de estudos
- Coñecemos as saídas de emerxencia
- Aseguraremos aqueles obxectos que poidan caer e ocasionarnos danos (cadros, lámpadas, espellos, estantarías...)
- Evitamos colocar obxectos pesados en zonas altas
- Lembramos o teléfono único de emerxencias 1-1-2
Durante:
- Ante todo, mantemos a calma
- No interior, protexémonos de todo o que poida caernos enriba
- Non saímos á rúa mentres o tremor non cesa
- No exterior, afastámonos das edificacións cara zonas despexadas
- Ao conducir, paramos nun lugar seguro e sinalizamos o vehículo, sen saír do seu interior
Despois:
- Desconectamos os suministros da vivenda e revisamos as instalacións
- Abandonamos as edificacións danadas, sempre polas escaleiras e nunca polo ascensor
- Temos moito tino ante posibles réplicas do tremor
- Se quedamos atrapados ou hai persoas feridas, chamamos ao 1-1-2 e contestamos todas as preguntas