Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 22 Febreiro, 2020

O tráfico na A-53 viuse afectado na mañá de hoxe, á altura do concello ourensán de Punxín, a causa dun tráiler que saíuse da vía e rematou envorcado contra a mediana no punto quilométrico 81. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polas testemuñas do sinistro, a consecuencia do accidente, o vehículo ardeu parcialmente e o fume desprendido dificultaba a circulación nese tramo da estrada. De feito, un dos carrís estivo cortado ata que as condicións de seguridade na vía fosen restablecidas.

Os feitos sucederon ás 7:30 horas. Nese momento, varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do sucedido. Deste xeito, os xestores do 112 informaron decontado a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Carballiño e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Xa no punto, os servizos de emerxencia traballaron para atallar as lapas e remover o camión sinistrado da vía. Para colaborar no operativo, desde o 112 Galicia tamén solicitouse a intervención dos profesionais do servizo de mantemento da estrada.

facebook twitter instagram