Imaxe escoitar Escoitar
martes, 8 Outubro, 2019

Os servizos de emerxencia interviñeron na tarde de hoxe para liberar a unha muller despois que o turismo no que viaxaba sufrise unha saída de vía.

O accidente ocorreu poucos minutos antes das 14:00 horas na PO-533, no concello pontevedrés de Lalín. A esa hora, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda para unha muller ferida tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaba. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, a persoa podía estar atrapada.

Decontado, desde o CIAE, púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Deza e dos membros do GES de Lalín.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que, debido á posición na que se encontraba, foi necesaria a súa intervención para lograr sacar a muller do interior do vehículo. Tras rematar as labores de excarceración, a ferida puido ser atendida polo equipo médico.

Para garantir as condicións de seguridade na vía, tamén foi solicitada a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos membros de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento das estradas.

facebook twitter instagram