Escoitar
mércores, 3 Agosto, 2022

Os Bombeiros do Xallas liberaron ao ocupante para o seu posterior traslado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Segundo a información recollida no 112 Galicia ao fío das 10:00 horas da mañá de hoxe, o vehículo no que viaxaba envorcou a 200 metros do cruce coa estrada de Coristanco, en Santa Comba. Alí acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención dos efectivos de salvamento do parque comarcal, debido a que había un ocupante atrapado dentro do coche. 

Tras a súa liberación, a persoa recibiu os primeiros coidados para o seu posterior traslado ao CHUS.

Igualmente, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como os membros do servizo local de Protección Civil en canto recibiron o aviso do 112.