Escuchar
xoves, 22 Novembro, 2018

Un total de seis persoas resultaron feridas a causa de varios accidentes encadeados na A-52, ao paso pola Gudiña, en dirección ao Porriño.

Segundo indicaron os servizos de emerxencias, unha forte sarabiada precedeu a estas colisións nas que se viron implicados varios vehículos. Como consecuencia desta situación, o tráfico foi desviado desde o punto quilométrico 125 cara ao Porriño.

As primeiras chamadas dos afecatdos comezaron a producirse no 112 Galicia ás 17:30 horas de hoxe. A maior parte falaban de coches que se saíron da vía, outros que quedaron virados e varias persoas que necesitaban asistencia médica. Así, desde o 112 Galicia, pediouse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que trasladaron a un total de seis feridos.

Ao lugar tamén acudiron varios axentes da Garda Civil de Tráfico, que continúan no punto para contabilizar o número de vehículos implicados nos diferentes impactos.