Escuchar

Todos e todas pensaremos no do 2020 coma un verán diferente, marcado polas normas de protección contra a propagación da COVID19.

Como sabedes, recuperamos a mobilidade, pero debemos:

  • Manter a distancia de seguridade
  • Respectar a capacidade permitida en establecementos, recintos, espazos comúns e compartidos
  • Insistimos nas medidas de hixiene e no uso de máscaras sobre todo cando sexa imposible gardar a distancia de protección
  • Ante calquera síntoma, queda na casa e ponte en contacto cos servizos sanitarios

Ademáis, á hora de acudir a unha praia ou piscina, debemos recordar a necesidade de seguir con atención as indicacións das autoridades locais e do persoal de vixilancia.

Agardamos que goces intensamente deste período sen perder o #sentidiño sexa cal sexa o teu plan: un baño, un paseo polas montañas, unha pequena celebración ou en ruta co teu vehículo.

En calquera destas modalidades, pensa que ademáis das normas xerais que antes detallamos, debemos adoptar estas medidas de protección:

Na auga:

  • Protéxete do sol
  • Se non sabes nadar, non arrisques
  • Na praia, nada en paralelo á liña de costa
  • Se te arrastra a corrente, mantén a calma: recorda que o teu corpo flota

Nunha celebración:

  • Cero alcol ao volante
  • Busca e memoriza as saídas de emerxencia
  • Segue as indicacións dos axentes
  • Non é non e só si é si

Un paseo para coller aire:

  • Activa o GPS
  • Consulta o tempo
  • Leva o móbil a tope de batería
  • Estuda a túa ruta

En ruta co teu vehículo:

  • Faille unha revisión antes de viaxar
  • Respecta os límites de velocidade
  • Sinaliza as manobras
  • Cero alcohol ao volante
  • Descansa cada certo tempo