Escoitar

 

  • Ante todo, mantén a calma
  • Na casa, protéxete de todo o que poida caer enriba
  • Non saias á rúa mentres o tremor non cesa
  • No exterior, afástate das edificacións cara zonas despexadas
  • No coche, párao nun lugar seguro e sinaliza, sen saír do seu interior
  • Pasado o tremor, desconecta os aparellos eléctricos da vivenda e revisa as instalacións
  • Abandona as edificacións danadas, sempre polas escaleiras, nunca polo ascensor
  • Estate atento a posibles réplicas do tremor
  • Se hai persoas feridas ou atrapadas chama ao 1-1-2
  • É moi importante a realización de simulacros para identificar as zonas seguras da vivenda, lugar de traballo ou centro de estudos

facebook twitter instagram