Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 10 Agosto, 2022

A salvo, as dúas persoas que quedaron illadas pola suba da marea na Praia das Torradas, en Malpica.

Os implicados percorreron o único acceso posible desde terra, que é un treito rochoso, contra o que batía con forza o mar cando intentaron volver.

Por iso, ás 15:30 horas de hoxe, chamaron ao 112 Galicia, porque o aumento do nivel do mar e o seu estado axitado ofrecía pouca confianza a estas persoas, que trataban de volver a terra.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos equipos de Salvamento Marítimo, pero o inminente comezo da baixa mar e a disponibilidade dos socorristas de Malpica, que lograron o acceso por terra, foi suficiente para sacar a estas persoas do apuro.

facebook twitter instagram