Escoitar

 

1.-INFORMACIÓN BÁSICA E DE ACCESO AOS SERVIZOS:

Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)

Enderezo postal:

Centro Integrado Atención Emerxencias
Avenida da Cultura S/N
36680 (A Estrada - Pontevedra)

Medios de contacto:

Teléfono.- +34 886 152 506 / +34 886 152 505

Fax.-+34 886 152 537

Enderezo electrónico.- axega@xunta.gal

Dirección web.- www.axega112.gal

Horarios de atención:

Presencial e telefónica, de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

Rexistro de documentación na Sede da AXEGA, de luns a venres

de 09:00 a 14:00 horas.

 

Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (CIAE112)

Enderezo postal:

Centro Integrado Atención Emerxencias
Avenida da Cultura S/N
36680 (A Estrada - Pontevedra)

Medios de contacto:

Para emerxencias.- Teléfono 112

Para outros asuntos.- +34 886 152 537

Fax.- +34 886 152 590

Dirección web.- www.axega112.gal

Horarios de atención:

Para emerxencias, 24 horas 365 días do ano.

Para outros asuntos, de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

 

 

2.-NORMATIVA VIXENTE:

Pode consultarse a información relativa á normativa vixente na seguinte ligazón:

Información sobre normativa vixente.

 

Información de relevancia xurídica

Nesta ligazón atopará información de relevancia xurídica que recolle a normativa básica en materia de transparencia.

 

3.-FUNCIÓNS E COMPETENCIAS:

Fins da AXEGA:

  • Executar a política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias dentro dos termos establecidos na Lei de Emerxencias de Galicia 5/2007 do 7 de maio no ámbito de xestión de riscos, emerxencias, formación e información.
  • Garantir a existencia dun sistema integrado de protección civil e emerxencias baseado nos principios de coordinación, solidariedade, participación, subsidiariedad, colaboración, responsabilidade pública e privada,  lealdade institucional, así como promover a asistencia e socorro mutuo con outras comunidades autónomas no ámbito transfronteirizo.

Organización. Órganos colexiados. Estrutura e relación de postos

A AXEGA é o ente instrumental da Xunta de Galicia encargado do estudo e a execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias, nos termos establecidos na Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Emerxencias.

Decreto 292/2008, do 30 de decembro de estrutura orgánica da AXEGA modificado parcialmente por Decreto 47/2011, do 17 de marzo.

Resolución do 5 de abril 2011 polo que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de marzo de 2011 polo que se aproba o cadro de persoal da AXEGA.

Compón o Goberno e administración da AXEGA

a) O consello reitor.

b) A presidencia.

c) A vicepresidencia.

d) A xerencia

 

 

Funcións e competencias  da AXEGA

 

Dentro da Comunidade Autónoma galega en materia de protección civil e emerxencias corresponde a AXEGA as seguintes funcións:

 

En xestión de emerxencias:

a) A canalización unificada das incidencias e alertas que se produzan a través do número único europeo de emerxencias 112.

b) Aplicación e adecuación dos plans establecidos ás características singulares das emerxencias que se produzan, a través de protocolos específicos e a mobilización dos medios e recursos dispoñibles ou que estean previstos incorporar para a máis adecuada resolución da emerxencia.

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (CAE 112 Galicia) é  o servizo público desde o que  a AXEGA  xestiona, no ámbito territorial de Galicia, as chamadas telefónicas de urxencia e emerxencia recibidas desde o número 112, número único e gratuíto da Unión Europea creado por Decisión do Consello de Europa no ano 1991.

Por Acordo do seu Consello de Goberno do 1 de outubro do ano 1997, a Comunidade Autónoma de Galicia asumiu a prestación deste servizo creando o centro para a xestión de chamadas de emerxencias denominado CAE 112 Galicia. Son os seus principais servizos:

a.-Atención personalizada de chamadas telefónicas de emerxencia a través do 112 de forma ininterrompida as 24 horas do día 365 días do ano. O seu acceso é rápido e sinxelo permitindo a atención inmediata sen necesidade de coñecer os números de contacto dos organismos competentes. O seguimento das chamadas realízase ata a súa finalización respectando a intimidade persoal e privacidade  na atención realizada.

b.-Coordinación desde o CAE112 da realización de exercicio sobre emerxencias (simulacros), solicitados por distintos colectivos ou entidades públicas ou privadas.

c.-Xestión de peticións de información, datos e consultas recibidas a través da AXEGA sobre a actividade xerada no CAE112 Galicia.

d.-Divulgación das actuacións do CAE112 Galicia a través da páxina web e canles de difusión.

e.-Visitas guiadas ao CAE112 e instalacións do Grupo de Apoio Loxístico.

f.-Publicación de alertas meteorolóxicas correspondentes a niveis de cor laranxa e/ou vermello, así como activación de plans de emerxencia e protección civil na páxina web e canles de difusión.

g.-Emisión de consellos á poboación sobre emerxencias publicadas na páxina web e canles de difusión.

 

En xestión de riscos:

a) Identificación, análise e avaliación.

b) Prevención de riscos existentes.

c) Planificación da acción pública e privada.

 

En xestión da rehabilitación mediante a restauración dos servizos esenciais e a recuperación da situación de normalidade tras a emerxencia.

 

En xestión da formación e información:

a) Das persoas que interveñen de forma profesional ou voluntaria na xestión de riscos e emerxencias.

b) Dunha cidadanía responsable que colabore na prevención e xestión de riscos e a información pública ás persoas e colectivos que poidan verse afectados por emerxencias

 

 

4.-CONTRATACIÓN:

Perfil do contratante. Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, a AXEGA difunde a través da rede o seu perfil do contratante. Máis información 

 

5.-CONVENIOS DE COLABORACIÓN:

Información relativa a Convenios.

Acceso ao rexistro de Convenios.

 

6.-INFORMACIÓN SOBRE ALTOS CARGOS:

Retribucións. Pode consultarse:

Retribucións do persoal directivo das entidades do sector público.

Contratos de alta dirección.

 

7.-ORZAMENTO:

Estado de ingresos e gastos. 

Orzamento para o ano 2019.

Período medio de pagamento a provedores.

 

8.-REXISTRO DE ACTIVIDADES DE TRATAMENTO:

Rexistro de actividades de tratamento da Axencia Galega de Emerxencias.

 

9.-CALIDADE:

 

A AXEGA ten como obxectivo prioritario alcanzar a excelencia na prestación dos seus servizos e especialmente na atención das emerxencias a través do número único europeo 112. Por iso a súa xestión acóllese a sistemas normalizados de ámbito internacional en xestión de calidade e intégrase nos Plans de Mellora da xestión Pública da Xunta de Galicia.

Comprobando a súa traxectoria cara á excelencia, desde o ano 2003 o CIAE112 Galicia está certificado en Sistemas de Xestión de Calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001.

No ano 2014 o CIAE 112 confirma o compromiso coa cidadanía na atención as emerxencias  asumindo o cumprimento dos niveis establecidos na súa Carta Auditada.

Tendo en conta a natureza europea do número 112 de emerxencias, no ano 2015 o CIAE 112 certifícase no Estándar de Calidade para Centros de Emerxencias da UE. (Certificate of Quality Standard 112 EENA).

Deste xeito e na procura da mellora na prestación dos seus servizos o CIAE112 desenvolve canles de retroalimentación baseadas na colaboración e participación.

a) Na atención de chamadas

  • Para facer un uso correcto do teléfono de emerxencias 112 evitando realizar chamadas maliciosas ou falsas.
  • Achegando a información necesaria para a correcta xestión da chamada realizada.
  • Mantendo unha actitude de corrección e trato digno na comunicación.

b) Na coordinación de simulacros e nas visitas ás instalacións de acordo ao cumprimento das indicacións establecidas.

c) Na consulta periódica aos usuarios para comprobar a súa satisfacción.

d) No establecemento dun sistema de atención  de suxestións, queixas e reclamacións.

 

Certificacións de Calidade.

Resultados Carta Servizos.

Resultados Enquisas Usuarios Externos.

 

10.-CÓDIGOS ÉTICOS E DE BO GOBERNO:

Código ético institucional da Xunta de Galicia. 

 

 

 

facebook twitter instagram