Escuchar
sábado, 30 Maio, 2020

Os servizos sanitarios trasladaron a unha veciña de Guitiriz por inhalación de monóxido de carbono a causa dun incendio rexistrado na súa vivenda. O lume tivo orixe nun forno de microondas mentres a moradora do inmoble trataba de quentar a comida.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso tras recibir unha chamada de alerta ao fío das 13:15 horas de hoxe. Foron os axentes da Garda Civil quen chamaron para solicitar un equipo de extinción pois o edificio da Rúa Candea atopábase repleto de fume.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112, un equipo médico se atopaba no lugar do incidente para atender á muller afectada.

Decontado, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba que procederon a ventilar as estancias e, tras realizar as comprobacións pertinentes, confirmaron que as medicións foron positivas para monóxido de carbono.

Desde o Centro integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisouse tamén aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Guitiriz.