venres, 3 Febreiro, 2023
Os feitos sucederon no quilómetro 6 da PO-542, ao seu paso por San Miguel de Marcón, e os servizos sanitarios trasladaron a un ferido ao Hospital de Montecelo.
Un particular informou ao 112 Galicia, contra as 14:15 horas desta tarde, dunha colisión múltiple nas proximidades da incorporación coa AP-9.
De inmediato, desde o 112 púxose en coñecemento do acontecido ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra, así coma aos servizos de mantemento das estradas.
Finalmente, os servizos sanitarios encargáronse de evacuar en ambulancia a unha das persoas implicadas, ao Hospital de Montecelo.