Escuchar
venres, 20 Setembro, 2019

Un home resultou ferido esta tarde no concello lucense de Barreiros despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba.

O suceso ocorreu no lugar de O Morteiro, en San Xusto de Cabarcos. Foi o mesmo implicado quen, pasados dez minutos das 15:30 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que necesitaba asistencia porque tivera un accidente co tractor, estaba só e aseguraba estar atrapado.

A partir de aí, decontado, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Barreiros. De igual xeito, alertaron á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron que non foi necesario excarcerar. Os membros de Protección Civil axudaron ao  persoal sanitario na evacuación do ferido para, posteriormente, ser trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Operario ferido en Ourense
Por outra banda, tamén ao fío das 15:30 horas desta tarde, o 112 Galicia era informado por unha persoa particular dun accidente laboral na cidade de Ourense. Neste caso, tratouse dun operario que se precipitou dende a guindastre coa que facía o seu traballo, na Rúa de Celso Emilio Ferreiro.

Así, tras recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Policía Nacional e Local e dos efectivos de Protección Civil da cidade.

Os profesionais sanitarios confirmaron o traslado do ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.