Escoitar
sábado, 28 Maio, 2022

Sucedeu en Esteiro, na AC-550,  na localidade coruñesa de Muros.

O 112 Galicia tivo constancia do atropelo, ás 20:30 horas da tarde pasada. Foi a esa hora cando varios particulares solicitaban  ao 112 Galicia asistencia sanitaria para un menor que fora atropelado na entrada de Esteiro, vindo de Freixo.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Ademais, foron informados os axentes da Policía Local, os membros do GES de Muros, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, segundo informaron os membros do GES ao 112 Galicia,  o menor foi trasladado no helicóptero ao centro hospitalario de referencia.