Escoitar
sábado, 25 Agosto, 2018

Un helicóptero medicalizado trasladou ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña a un home que resultou ferido a pasada tarde en Sanxenxo ao estourar a motoserra coa que traballaba na zona de Noalla.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do 061-Urxencias Sanitarias ao fío das 17:50 horas.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, do GES de Sanxenxo e da Garda Civil.