Escuchar
mércores, 26 Decembro, 2018

Un menor foi  trasladado este mediodía tras envorcar o coche no que viaxaba ao quedar sen freos e chocar contra unha parede.

Uns minutos antes das 12:30 horas deste mediodía, un particular informaba ao 112 Galicia dun turismo envorcado, na Rúa Magdalena, en Ortigueira.  Indicaba, ademais,  que o coche no que viaxaba o menor, tras quedar sen freos tirou unha parede e precipitouse dende unha altura considerable a unha terraza.

Nada mais recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia informou ao 061-Urxencias Sanitarias que desprazou axiña unha ambulancia ata o lugar.  Do mesmo xeito, foron informados dos feitos, os Bombeiros do Eume, os membros do GES de Ortigueira e os axentes da Policía Local da localidade.

Segundo informaron os servizos sanitarios de urxencia, unicamente foi trasladado en ambulancia o menor que viaxaba no turismo.

Atropelo en Outes
Un vehículo estacionado na estrada do Freixo de Sabardes en San Xoán, no termo municipal coruñés de Outes, atropela e deixa ferida a unha persoa tras quedar sen freos.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente pasadas as 17:15 horas desta tarde. Segundo a información que consta no 112 Galicia, a persoa tivo que ser trasladada ata o Hospital Universitario de Santiago polos servizos sanitarios de urxencia. Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou dos feitos á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Outes e ao GES de Muros.