O lume afectou á campá extractora e a parte do mobiliario da estancia da vivenda afectada.
Os servizos sanitarios trasladaron a un home ao centro sanitario da localidade, que presentaba síntomas de intoxicación debido ao fume acumulado que provocaron as lapas.
Ao fío das dúas deste mediodía, os axentes da Policía Local de Betanzos contactaban co 112 Galicia para informar do incendio. Indicaban que se trataba dun lume nunha vivenda da segunda planta dun edificio situado na rúa Nova e que a xente do resto das vivendas estaba fora das casas. Neses intres, varias persoas particulares tamén informaban do mesmo incendio ao 112 Galicia, e, a partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros e dos efectivos de Protección Civil de Betanzos.
Tras extinguir o lume, os Bombeiros deron por rematada a súa intervención.