O home, afectado polo fume provocado, foi trasladado en ambulancia polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O 112 Galicia tivo constancia deste lume ás 18:15 horas desta tarde, grazas á chamada dun particular. Comunicaba que ardía a cociña dun restaurante situado na Plaza de Vigo, na localidade de Ribeira. Aseguraba que había lapas no local.
Acudiron ao punto, tras ser informados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Boiro, os membros de Protección Civil municipais e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira e a Policía Local. Tamén foron informados os axentes da Policía Nacional e o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Unha vez no lugar, os Bombeiros comunicaron que o lume xa fora extinguido e ían a proceder, xunto cos membros de Protección Civil, coas tarefas de ventilación. Ardeu unha frixideira.
Así mesmo, o persoal sanitario confirmou o traslado do ferido ao Hospital do Barbanza.
Mala combustión dunha caldeira en Vilanova de Arousa
Por outra banda, sobre as 18:00 horas de hoxe, un particular informaba ao 112 Galicia do escape de monóxido de carbono dunha caldeira tamén dun establecemento de hostalaría, situado no lugar de Aduana de Corón, en Caleiro, no termo municipal de Vilanova de Arousa. Indicaba que sentían picachón na gorxa.
Desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Igualmente, informouse aos técnicos da empresa subministradora deste gas.
Unha vez no punto, os Bombeiros, tras a súa intervención, confirmaron que se tratou do desprendemento de monóxido de carbono pola mala combustión da caldeira. Ademais, solicitaron asistencia sanitaria para unha persoa que se atopaba mal, polo que, desde o 112 informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trasladan por inhalación de fume ao dono dun restaurante tras producirse un incendio na cociña do establecemento en Ribeira
domingo, 19 Novembro, 2023