Escoitar
xoves, 27 Xaneiro, 2022

Afortunadamente non se rexistraron danos persoais nin materias.

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou os tres sismos no Océano Atlántico, fronte a costa galega, entre as provincias da Coruña e Pontevedra. O primeiro, ás 13:57 horas deste mediodía, o segundo ás 15:44  e o terceiro ás 15:58 horas,  con magnitudes de 3.7,  4.6 e 2.5 respectivamente.

Os tremores deixáronse notar en boa parte da poboación galega, de feito, varios particulares contactaron co 112 Galicia desde as localidades de Ribeira, Rianxo, Porto do Son, Santiago de Compostela, Vilagarcía,  A Laracha e Vigo, para confirmar se realmente se trataba dun terremoto, posto que, todos eles relataban que estaban ben pero que notaran como se lles movera  distinto mobiliario nos seus fogares.

Ante a sorpresa destas situacións provocadas polos tremores, manter a calma é fundamental, para iso, desde o 112 Galicia ofrecemos unha serie de recomendacións que axudarán a reaccionar tras verse sorprendidos por estes episodios. 

facebook twitter instagram