Imaxe escoitar Escoitar
martes, 20 Outubro, 2020

Tres persoas resultaron afectadas por unha acumulación de gases no interior dunha vivenda situada na Rúa Río Lor, en Quiroga (Lugo).

Mediante as correspondentes medicións realizadas polos efectivos do GES de Quiroga, comprobouse que nas habitacións había unha alta concentración de monóxido de carbono, posiblemente provocado pola mala combustión dun quentador de auga.

Con todo, será necesaria a intervención dos técnicos da empresa subministradora do butano para verificar a instalación do quentador e o seu correcto funcionamento. Así, os xestores do 112 Galicia tamén enviaron aviso á compañía co fin de que se leve a cabo a revisión de toda a instalación e confirmen as causas da fuga. 

Cómpre salientar que o aviso sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia preto das once da noite pasada mediante os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaban unha dotación ao punto por tres ocupantes dunha vivenda con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono.

De feito, os tres afectados foron evacuados en ambulancia ao Hospital de Monforte para recibir o tratamento necesario en función do cadro médico que presentaban.

Para realizar as correspondentes medicións que determinarían a presenza de monóxido de carbono no interior da casa, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos membros do GES de Quiroga e dos Bombeiros de Monforte. Tamén foi informada a Garda Civil.

facebook twitter instagram