xoves, 20 Xaneiro, 2022
Tres persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario despois de que o autobús no que viaxaban rematase fóra da vía na confluencia da Praza de Berbés coa rúa Torrecedeira, en Vigo.
O accidente produciuse uns minutos antes das seis da pasada noite. A esa hora, o 112 Galicia recibiu a alerta do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.