Imaxe escoitar Escoitar
martes, 3 Abril, 2018

Tres adultos resultaron feridos onte despois de colidir tres coches que circulaban pola Rúa Rafael Alberti, en Culleredo. Os tres feridos foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia ata o Hospital Modelo da Coruña.

Ademais, nun dos vehículos implicados viaxaba unha menor, que aínda que foi atendida no mesmo lugar dos feitos polo persoal sanitario, afortunadamente,  non precisou ser trasladada.  

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 19:00 horas da tarde pasada. Foi entonces un particular quen , a esa mesma hora, ademais de informar do suceso solicitaba  asistencia sanitaria para unha nena  que viaxaba nun dos vehículos implicados.

A partir de aí, o persoal do CIAE puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, informou tamén da  situación aos Bombeiros de Arteixo. 

facebook twitter instagram