Escoitar
sábado, 31 Xullo, 2021

Tres persoas precisaron ser trasladadas, esta madrugada, tras envorcar o vehículo no que viaxaban na estrada PO-300, a altura da parroquia cambadesa de Oubiña.

O 112 Galicia soubo do sinistro a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, que informaba, pouco antes das cinco e media da mañá, dun coche envorcado con tres persoas feridas.

Deseguido, os xestores do CIAE-112 Galicia deron aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil do municipio, así como aos Bombeiros do Salnés.

Segundo sinalou o persoal de emerxencia desprazado ata o punto, as tres persoas que resultaron feridas foron trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital do Salnés.