Escoitar
domingo, 4 Decembro, 2022

Un accidente con dous coches implicados deixou esta tarde tres persoas feridas, unha delas un bebé.

Sucedeu ao fío das 18:00 horas. A esa hora, un alertador informaba ao 112 Galicia dun accidente entre dous turismos, na OU-0107, á altura do campo de fútbol de Maceda. Aseguraba que non había persoas atrapadas pero que nun dos vehículos había unha muller e un neno e, tal vez, precisaran asistencia médica.

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados os axentes de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros de San Cibrao e os membros do GES e de Protección Civil de Maceda.

Unha vez no punto, os efectivos do GES confirmaron ao 112 Galicia que unha muller e un bebé, ocupantes dun dos turismos, e outra muller ocupante do outro vehículo implicado, resultaran feridos.

Os xestores do 112 tamén puxeron os feitos en coñecemento do persoal de mantemento da vía.