Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 6 Xuño, 2019

Os bombeiros interveñen en Monforte para liberar a un dos ocupantes dun turismo que quedou atrapado tras bater contra outro coche estacionado.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 18 horas de hoxe na Rúa Casares. Alí acudiron os servizos sanitarios de urxencia, así como os efectivos do parque monfortino ao comprobarse que un dos tres ocupantes do turismo quedou atrapado despois de colidir contra outro aparcado.

Así, unha vez liberada a persoa, foi evacuada, xunto cos outros dous ocupantes, ao centro hospitalario de referencia para seren atendidos das lesións provocadas polo impacto.

Neste operativo, os servizos de emerxencias contaron tamén co apoio dos axentes da Policía Local. 

facebook twitter instagram