Escuchar
sábado, 26 Setembro, 2020

Un accidente ocorrido no concello pontevedrés de Moraña saldouse cunha persoa ferida e atrapada no interior do vehículo que conducía.

Sobre as 22:45 horas da noite pasada, os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao 112 Galicia que unha ambulancia desprazábase para o lugar do Souto, para asistir a unha persoa que tivera un accidente na estrada de Cuntis, á altura do Cerralleiro. Indicaban que, posiblemente, fosen precisos os medios de excarceración.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse decontado aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES e de Protección Civil da Estrada. Así mesmo, foron avisados os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade e de Cuntis.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do condutor do vehículo e o seu traslado ata o centro hospitalario de referencia polo persoal sanitario.