Escoitar
domingo, 16 Xaneiro, 2022

Unha persoa que viaxaba nun autobús de liña, na cidade de Pontevedra, resultou ferida logo de que o vehículo colidira contra un turismo.

Foi o propio condutor do bus quen se puxo en contacto co 112 Galicia, pasadas as catro da tarde, para dar conta do accidente, ocorrido en Lourizán, no lugar de Praceres. Así mesmo, na comunicación solicitábase asistencia para un dos cinco pasaxeiros que nese momento viaxaban no transporte público. Polo que, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informouse ao 061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil do municipio.

Ao final, o persoal sanitario confirmoulle ao 112 que trasladaran a un ferido.

facebook twitter instagram