Escoitar
martes, 19 Outubro, 2021

Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada ao producirse un accidente por alcance entre tres vehículos, no concello de Cambre.

O sinistro ocorreu ás oito e media da mañá e foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia. Así, indicaba que a colisión múltiple se producira na Costa da Tapia, no Temple, e que había unha persoa implicada que necesitaba asistencia médica.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) déuselle aviso aos servizos sanitarios, á Policía Local e aos Bombeiros de Arteixo. Ademais, tamén se lle notificou o accidente aos membros de Protección Civil da localidade que, unha vez no lugar, confirmaron que unha persoa resultou ferida, de carácter leve, e que necesitou ser trasladada.