Escoitar
luns, 30 Xaneiro, 2023

Por fortuna, non se produciron danos persoais nesta colisión entre un coche e un autobús cunha trintena de menores no seu interior.

Foi o propio condutor do autocar quen, ao fío das 15 horas, chamaba ao 112 Galicia para informar de que acababa de colidir con outro vehículo no quilómetro 0 da EP-3002, en Randufe (Tui). Desde os primeiros instantes, confirmaba que non había persoas feridas, e apuntaba que os vehículos entorpecían parcialmente a circulación.

Pouco despois, outro autobús desprazábase ata o punto para recoller aos menores, que continuaron a súa viaxe.

Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico, así como á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui.

facebook twitter