Escoitar
venres, 24 Setembro, 2021

Un accidente con tres vehículos implicados na estrada de Santa Marta, en Baiona, deixou a pasada noite un bebé ferido leve.

Foi a Policía Local do municipio quen, pasadas as nove da noite deste xoves, deu aviso ao 112 Galicia deste sinistro.

Ao recibir esta comunicación, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informouse aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, ao GES do Val Miñor e a Protección Civil.

Finalmente, os axentes da policía que acudiron ao lugar confirmaron ao 112 Galicia que un bebé precisara asistencia médica pero que, en principio, non revestía gravidade.