Escoitar
martes, 4 Xuño, 2019

Un neno pequeno tivo que ser trasladado a pasada noite no helicóptero medicalizado con base en Ourense a un centro hospitalario despois de caer a unha piscina en Salceda de Caselas e quedar sen respiración.

Os familiares do cativo o rescataron  e axiña contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e requiriuse tamén a intervención da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas para prestar apoio ao equipo médico da aeronave.

Os feitos sucederon ao fío das 21:00 horas, no lugar do Pomar de Suso.