Escuchar
venres, 21 Febreiro, 2020

Unha colisión múltiple ocorrida esta mañá en Mos e na que se viron implicados dous camións e un autobús saldouse sen danos persoais. O accidente tivo lugar no punto quilométrico 8 da A-55, en sentido a Vigo.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, para asegurar as condicións de seguridade na autovía, foi preciso restrinxir o tráfico de vehículos nun carril da vía de circulación.

Foi a condutora do autocar quen alertou ao 112 Galicia do accidente ás 9:20 horas. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Emerxencias.

Segundo puido saber o 112 Galicia, as persoas que viaxaban no coche de liña agardaron a chegada doutro autobús para completar o seu traxecto.